mércores, 16 de outubro de 2013

Entrevistas co vampiro?


Creo que non. Empezamos con unha entrevista a Xosé mentres baixamos polas escaleiras marmóreas (coma a arca marmórica famosa) do noso insti.
-Home, Xosé! Que alegría! Que tal o verán?
-Ola profe, este ano non nos dá…
-Non, pero píllovos igual para os cazatesouros bibliotecarios. E que?, segues vivindo felizmente na aldea?
-Alí sigo. Indo e vindo.
-E os teus animais?
-Este ano teño menos. Veu o raposo e comeunos.
-A todos?
-Sigo tendo os cans.
-Comeu as galiñas…
-E os gansos!
-Os gansos tamén? Pero se son grandes…
-Eran.
-E non se defenderon?
-Si profe, seino porque había plumas…
-Ca!
Aquí deixamos a Xosé, algo meditabundo e saudadoso pola perda dos seus animais a mans do raposo. Ou raposa. Menos mal que brillaba o sol na praza de Pontevedra.

1 comentario:

  1. As plumas non indican defensa necesariamente. O raposo é pulcro comendo

    ResponderEliminar