Vai ser que non. Desta
feita encetamos unha serie de entrevistas domésticas.
-Por favor, queres
presentarte?
-Ola! Son Xácome
González, estudei a ESO e mais o Bacharelato no Eusebio da Guarda.
Agora fago un máster de secundaria na UDC.
-Queremos preguntarche
por Lou Reed. Sei que levas desde onte oíndo de cando en vez a súa
música.
-Non, non levo desde
onte. Levo varios anos.
-Cal é o tema
favorito?
-Non teño un tema
favorito. Non podo elixir só un tema.
-Pois dinos varios,
porfa.
-Podo
dar discos: Transformer
e Berlin.
-Algo máis?
-Si, todo o que fixo
con The Velvet Underground.
-Estamos de loito
entón?
-Bueno… Que se lle
vai facer…
-Hoxe é primeira plana
na prensa.
-Pero onte na
televisión, vin varios telediarios e acababan algúns facéndolle
unha homenaxe pero na televisión pública nada. Espero que hoxe
compensen. Algo máis?
-Que estás lendo
agora?
-Nada, o máster
ocúpame todo… Espera, tamén estou lendo un libro de entrevistas a
Bukowski…
-Precisamente de
entrevistas. Que coincidencia!
-Unha coincidencia
fantástica [ton de ironía].
-Vale, grazas.
Abandonamos
a este ocupado habitante herculino mentres resoa na casa un verso
fermoso, River knows your name,
non de Lou Reed, de John Hiatt. E a vida segue.
Ningún comentario:
Publicar un comentario