mércores, 9 de outubro de 2013

Eu levo o nome dun personaxe literario. Primeiro día, primeiro nome



Ana
Ola! Son Ana Fernandez C., de segundo da ESO. Lin o "Diario de Ana Frank" hai moitos anos. Ela escribíuno entre o 1942 e o 1944 e publicouse no 47.

Con que me identifico? Pois identifícome co seu amor aos libros, e co seu carácter reflexivo. Tamén me gusta que era unha persoa con moitas aspiracións na vida. O que non me gusta para nada é o pouco que vivíu e o seu final tan triste.

Estiven en Berlín no museo xudeu e alí había moitas cousas que recordaban a Ana Frank. 

E unha amiga miña visitou a casa-museo de Ana en Amsterdam e díxome que todo o que imaxinara, da descrición da casa no libro, cando o lía, era verdade, era tal cal.

Ben, espero que todos aqueles que aínda non o lerades, vos animedes.

1 comentario:

  1. Eu son Laura Becerra García, alumna de 2º Bach E , pareime neste artigo porque "O Diario de Ana Frank" é un libro que sorprendeume moitísimo fai xa, dous ou tres anos.

    A historia sorprendeume pola claridade autobiográfica do diario persoal deste nena xudía de 13 anos, filla duns comerciantes alemáns , que cando comezan as persecucións nazis vense na obriga (ela e o resto da súa familia) de emigrar a Holanda pensando que sería lugar de salvación; pero a invasión de Holanda lles obrigou a elexir duas alternativas: ou someterse o chamamento da Gestapo ou esconderse nunca vella casa, oficina e almacén da empresa do pai de Ana.
    Non podían ser vistos , nin facer ruido e debido a isto Ana se zambulle na lectura e redacta o seu diario chamado "Kitty", onde se observan as sensibles observacións da sua corta existencia. É un libro que despertoume gran curiosidade.
    O artigo da nosa compañeira Ana Fernandez fixome lembrar que, en canto teña un pouquiño de tempo, teño que volver a ler este fermosísimo cheo de interesantes datos históricos. Un abrazo e bicos.

    ResponderEliminar