martes, 15 de outubro de 2013

Segundo día, segundo nome

André
Ola, son Andrés Graña S. e levo o nome dun personaxe de "El árbol de la ciencia" de Pío Baroja, un libro que publicou en 1911 e no que hai moito da súa propia vida como estudante en Madrid.
Con que me identifico con Andrés Hurtado? Claramente en que eu tamén quero estudar medicina, aínda que preferiría estudar en Santiago ca en Madrid.
Andrés Hurtado é un ser bastante solitario. Eu non. E levase con algúns membros da súa familia. A min no me pasa iso nin me gustaría que me pasase. Polo demais é un home que le e pensa moito. Aí tamén me identifico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario