Ola! Son J. Andrés
Justo, de segundo da ESO, e levo o nome dun personaxe literario, o
Andrés de Nunca seré tu héroe, da
autora María Menéndez-Ponte.
Que me gusta de
Andrés? Que é moi bo rapaz, axúdalle aos amigos e dá a cara por
eles. Exemplo: cando falou co pai de Belén, e cando defendeu o
Marroquí.
Que non me gusta?
Que ao primeiro se emborrachaba e que pasaba de todo e suspendía.
En que me asemello a
Andrés? Semello un pouco o protagonista en que non me gusta nada
cociñar e que cando me poño moi nervioso non me saen as palabras.
En que me diferencio
do Andrés do libro? En que é máis maior ca min, e eu non saio de
noite, non sei debuxar cómics tan ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario