Visitamos a
biblioteca da Real Academia Galega. Queremos facer un mural e colgalo
no taboleiro do Instituto, igual que fixemos xa con outro dedicado á
Biblioteca Nacional. Como só dispoñiamos de apenas unha hora e
houbo moito que vivir e moitas cousas que asimilar, deixamos para
outro día o labor de pasar a papel o vivido. Así que nos xuntamos
este martes os cazatesouros no departamento de galego, onde sempre,
para revivir aquela visita.
-Recordades o día? Cando
foi?
-O martes 19.
-Estabamos todos?
-Todos menos Álvaro.
-Como se chamaba a
bibliotecaria que nos atendeu?
-Ana Menéndez Rodríguez
[algúns miran nos seus apuntamentos, son super dilixentes].
-Foi moi riquiña
connosco, non si?
-E simpática..
-E tímida !
-Amable.
-Ao chegar sentamos…
-Era o lugar de consulta.
Foi fundada a biblioteca en 1905.
[Píllanse, uns
pisan as palabras dos outros porque todos queren falar].
-Estivo en varios sitios.
Primeiro na casa de auga.
-En Rego de auga.
-E no Concello! Tamén no
Concello!
-Ata que pasa á sé
actual en 1978. Rúa Tabernas 11. No primeiro andar da casa de Emilia
Pardo Bazán.
-Hai 50.000 libros.
-Cincuenta mil
volumes [corrixen eles mesmos]. Divídense en monografías, que son
os que teñen máis de 50 páxinas e están nos estantes, e folletos,
de menos de 50, e están en caixas.
[Botan
fume os cadernos de notas].
-E recordades algunhas das
persoas que doaron as súas bibliotecas particulares?
-Siiii! Emilia Pardo
Bazán, Manuel Murguía, Marcial del Adalid, Antón Villar Ponte,
Isidro Parga Pondal, Luís Seoane, Xosé Fontenla Leal…
-Pero Fontenla Leal
desde Cuba [nova precisión das rapazas,
Rita ou Carmen]. E foi un dos fundadores da Academia.
-Ben, fillos. Moi ben!
[Estou moi orgullosa destes rapaces. Que Deus os garde!]
-E agora o refrán, profe!
[Este é Andrés]
-Non é un refrán [digo
eu].
-O
martes é un día santo…
-É unha cantiga. Collimos
ao chou un boletín…
-[Puntualiza Ana] O
martes é un día solto / é porque é amartizado / tráiote no
pensamento / e no corazón gardado.
-Un boletín do ano?
[Pregunto].
-1912
-Que foi o ano do
afundimento do Titanic e tamén da inauguración de…?
-¿?
-Non recordades… pois si
que volo dixen. Do pazo municipal coruñés, do pazo de María Pita.
-Ah!
-Agora as xoias. A
bibliotecaria tíñanos preparadas varias xoias bibliográficas.
-O primeiro
periódico galego, O vello do Pico
Sagro. De mil seiscentos…
-Non pode ser de mil
seiscentos. Ten que ser de mil oitocentos e pico.
-De mil
seiscentos é a primeira descrición do Reino de Galicia. 1551.
-Iso si. A do Licenciado
Molina. Que tamén estaba.
-E as edicións
príncipe de Cantares Gallegos,
e de Memorias dun neno labrego.
[Os rapaces da esquina de
alá corean]
-E o Taller
silencioso de Luís Seoane. Sobre
Picasso. Cos nomes!
-Veña. Imos cos nomes de
Picasso e acabamos [acompáñanos a miña titoranda do mestrado de
galego, Marisa, que fala con acento precioso da mariña lucense e
pregúntolle se sabe onde estudou Picasso…, aquí mesmo, aquí
mesmiño].
-[É coma un
recitado infantil, non desmerecería daqueles que inmortalizara
Machado] Pablo, Diego, José, Francisco de
Paula, Juan de Nepomuceno…
-Sen o de
[corrección deles].
-…
Juan Nepomuceno, María de los Remedios, Cipriano…
- Cibrán en galego
[preciso eu, e interrompo, claro].
-…Cipriano de la
Santísima Trinidad, Ruiz Picasso!
-Non está mal. Nome
de fillo de rei.
Ningún comentario:
Publicar un comentario