Abrimos un novo capítulo, "O audiovisual galego". Nel integraremos unha serie de contribucións doutros profesores que colaboran co Club de Lectura.
Coruña Imposible
- Título:
Coruña imposible (fai clic para velo)
- Ano
no que foi dirixida:
1995
- Duración:
11 minutos
- Produción:
Miguel Asensio
- Fotografía:
Ricky R. Morgade
- Montaxe:
Carlos Amil
- Script:
Encarna Alonso
- Son:
Ángel Cordero
- Insustituible:
José A. Pérez Paris
- Equipo
eléctrico:
Pablo Anllo
- Coordinación
xeral:
Pepe
Trata
sobre un home que nada máis espertar, levántase, refrega os ollos
e, cando os abre, asómbrase ao ver que está en medio da praza,
vulnerable ante todos os transeúntes porque está en roupa interior
e cunhas zapatillas con forma de animal e unha etiqueta colgando
delas.
Procura
correr o máis rápido que pode e ser visto o menos posible,
expresando perfectamente, sen necesidade de palabras, o confundido
que está ante a estraña e misteriosa situación.
Métese
nunha tenda e vístese coa roupa que encontra mais, ao saír do
probador, a dependenta dáse conta de que se vai sen pagar e fanno
quedar como antes, nesta ocasión, sen zapatillas.
Apresura
o paso ata chegar á súa casa e cando abre a porta vese, outra vez,
na mesma praza do principio, a praza de María Pita. Si, xa non ten
casa, xa non ten... nada.
E
volta a comezar de novo, como se estivese nun labirinto sen saída.
Raquel
Casero Soler 4º Eso
Atopámonos
nun pesadelo bucle. Que horror! Cando espertaremos?.
Ao
principio represéntase unha escea na que o personaxe principal
aparece durmindo dunha forma intranquila, o que fai pensar que está
tendo un pesadelo, nun cuarto que é un estudio de urbanismo e
arquitectura xa que ten mesas de debuxo con escuadras, cartabóns...
ademais de planos da Coruña polas paredes e outros de edificios
imaxinarios. Sobre unha mesa pódese observar como estaba a medio
rematar un puzle de M.C.Escher, titulado “Cóncavo e convexo”.
Todas estas imaxes anticípannos o que imos ver na curtametraxe, ou
sexa, un pesadelo máxico producido por dito puzzle con escaleiras
inconclusas.
O
personaxe, ao soar o espertador da mesiña de noite, na cal tamén
ten un libro titulado “O espello máxico” do mesmo autor,
M.C.Escher, levántase en calzóns e opta por poñer as zapatillas
novas (de coello) da súa parella, que aínda teñen a etiqueta, e
despois de espreguizarse, frótase os ollos, aparecendo no medio da
praza de María Pita, cunha imaxe en primeiro plano do Consistorio da
cidade, o cal o deixa sorprendido. A xente tamén o mira sorprendida
ao ir prácticamente en coiros. El séntese totalmente desprotexido e
avergoñado ao quedarse sen a última protección que temos os seres
humanos, que é o pudor.
O
resto da curtametraxe transcorre intentando volver a súa casa a
través de distintos barrios da cidade, intentando conseguir primeiro
roupa de forma honesta, logo intentando coller un taxi, no que o
taxista o deixa subir malia non ter cartos. Máis tarde, desesperado,
entrando nunha tenda, intenta outra vez conseguir roupa, mais esta
vez roubándoa, sacándolle as etiquetas ás prendas, mais non sendo
capaz de coller uns zapatos, e véndose sorprendido, escapa. Cando
saía da tenda, é delatado pola etiqueta que levaba a zapatilla do
pé esquerdo coa que saíra da casa, deixándoo na rúa, sen as
zapatillas, soamente co calzón. Cando chega por fin á súa casa,
chama ao timbre e non lle abre ninguén, pero dálle tempo a entrar
pola porta ao saír unha señora, que se asusta e lle zorrega un
paragüazo.
Comeza
a subir as escaleiras da súa casa, xa que ao ser unha casa antiga
carece de ascensor. Chega ao seu piso e busca no relanzo desesperado
unha copia da chave que está nun maceteiro. Cando con moito traballo
a atopa entre a terra da maceta, por fin aliviado, métea na
fechadura da porta da súa casa e abre. Resulta que cando abre a
porta lévase a sorpresa de que dita porta leva novamente aos baixos
dos soportais da praza de María Pita, pechándose así o bucle, e á
vez volvéndose a iniciar o mesmo pesadelo.
O
mellor sería que non tivera atravesado o limiar, que se mantivese no
relanzo da escaleira, xa que aínda que non resolveu o problema de
cómo chegar á súa casa e quedar dentro, cando menos tería a
sensación do alivio de ter chegado.
David
Caridad de la Peña. 2º Bacharelato
Coruña
imposible
é unha curtametraxe escrita e dirixida polo cineasta Paco Rañal no
ano 1995. É unha película rodada na cidade da Coruña, de 12
minutos de duración e en branco e negro. Producida pola Escola de
imaxe e Son da Coruña, a obra tivo unha gran acollida entre o
publico e a critica e gañou numerosos premios en diferentes
festivais.
A
peli trata dun mozo que esperta na súa casa e, xusto despois
de poñerse as zapatillas, aparece de forma súbita no medio da praza
de Maria Pita espido e confuso. Ó principio agóchase como
pode e intenta conseguir axuda nunha tenda de roupa e nunha
parada de taxis, mais os diferentes cidadáns, pensando que
estaba tolo, rexéitano de malas maneiras. Por ultimo, decide roubar
nunha tenda de roupa, e non só fracasa no seu intento senón que
perde o calzado e, ó final, espido e sen zapatillas consegue chegar
á súa casa, na que descobre que, tras abrir a porta,
está de novo no medio da praza de Maria Pita. A curtametraxe acaba
coa frustración do protagonista e unhas imaxes,
expostas tamén ó principio, da escaleira de Escher.
Esta
obra é unha curtametraxe moi intensa, que consegue trasmitir unha
sensación incomoda de agobio e soidade, en parte grazas á
fotografía de Sergio Franco e a música de Claudio Canedo.
Mais
alá da aventura do protagonista, destacan dous temas
importantes. Un é a paisaxe da cidade da Coruña a finais do
seculo XX. O espectador percorre xunto co protagonista edificios
emblemáticos da zona vella, o concello,a rua de San Andrés e a rúa
Real, entre outras. O outro tema, deixado caer con mais sutileza é
o representado pola escaleira de Escher. E, como fondo, o tema
principal da curtametraxe , que presenta de forma surrealista
unha situación imposible: así como na escaleira circular de Escher
sempre sobes nun bucle infinito, o protagonita aparece unha e outra
vez na praza de Maria Pita.
A
escaleira de Escher e o artista.
A
maioria das imaxes que aparecen ó principio e ó final da
curtametraxe é, en concreto, a escaleira de Escher, son obra dun
famoso artista holandés chamado Maurits
Cornelis Escher.
A
idea desta escalera non é orixinal de Escher. A escalera de Penrose
ou “escaleira infinita” é
unha ilusión óptica descrita polos matemáticos ingleses Lionel
Penrose e o seu fillo Roger Penrose.
Esta
escaleira é a representación bidimensional dunhas escaleiras
que cambian a sua dirección 90 graos catro veces mentres dá a
sensación de que so ben ou baixan á vez, sexa a dirección que
sexa. Se bien a construción dun obxecto tridimensional deste
tipo non é posible, a ilusión
óptica da
imaxe de Penrose básase en enganar a perspectiva.
Para
complementar a visión da curtametraxe non deixedes de ler o
fantástico relato "Instrucciones para subir una escalera"
de Julio Cortázar, do seu libro "Historias de cronopios y
famas". Podemos facer a proba intentando subir de costas as
escaleiras do noso instituto.
José
Díaz Pisano. 2º Bacharelato
(Sección coordinada por Xosé Pérez Mondelo)
(Sección coordinada por Xosé Pérez Mondelo)