Temas e motivos (6)
Outro libro con mapa: Las Ratas, de Miguel Delibes.
No mapa (na 10ª ed. de
Destino, ano 1983) hai unha elevación do terreo, un pequeño outeiro, chamado
“Pezón de Torrecillorico”. Chamoulle así
un habitante do lugar que xa morreu, e quedoulle; nese nome percibimos a mesma
forma metafórica de designar topónimos que encontramos no galego mámoa. Pola morfoloxía corporal. Tamén
hai en toponimia moas, cabezas, cabezos, gargantas, morros,
brazos de mar, Punta Nariga, Ojos del Guadiana…
A novela é das que máis
me gustan deste prolífico autor. Recibe o título dos animais que caza o pai do
protagonista, el tío ratero. En
galego chámanlles a esas ratas de auga, aguanas
ou aghuanas (así con gheada pronunciaba o meu sogro, dezao). Non é a
única que ten como personaxe principal un neno (El Camino, boa parte de La
sombra del ciprés es alargada, varios relatos breves…), pero este non é un
neno calquera. É un ser humano en comunicación franciscana co creado. Para o
Nini, como para san Francisco de Asís, como para algúns poetas marabillosos (o
Guillén de Cántico, por exemplo), a
Terra está ben feita. Hai en toda a novela unha absoluta simplicidade, malia a
dureza da vida e dos traballos, unha a xeito de pureza que envolve coma a aura de
santidade a esta criatura que goza dos animais, da paisaxe, do amor sen
palabras, a quen lle regugnaba la muerte
en todas sus formas, que axuda a todos sen facer distingos, e que
non quere nin esixe máis que seguir onde está. Que non é pouco.
O Delibes de Las Ratas recórdanos ao Fernández Santos
de Los bravos, a Anxel Fole, a Neira
Vilas, a Otero Pedrayo tamén. Podiamos chamalos autores ruralistas en certo
modo. Un vínculo de unión con don Ramón O. Pedrayo é a presenza da Tradición:
réndelle culto no tempo marcado polos nomes dos santos (63 referencias ao
santoral, sen contar as formas repetidas, póñovolas máis abaixo, por se tendes
curiosidade en ver a riqueza de nomes que a tradición fornece aos habitantes do
campo castelán).
Outra faceta que engancha
deste libro é o contido etnográfico. Estaba o sábado na aldea, chovía seguido,
e dixen, vou ver como define esta vella enciclopedia (herdada xa do meu pai, da
ed. Sopena, escrita nos anos 50) a entrada Etnografía,
e encontrei un dato curioso que fala do ‘Periplo de Hannon’, unha das primeiras
crónicas con datos etnográficos (“razas” –entre comiñas porque agora sabemos
que só hai unha raza, a humana-, pobos, costumes, tradicións…) coñecidas: este
xeneral, Hannon, recibe orde do Senado de Cartago de explorar a costa atlántica
africana e obedece e chega ata máis abaixo do río Senegal, e isto no século VI
-segundo Plinio- antes da nosa era, mil novecentos anos antes de que os
portugueses repetisen o percorrido. Non me importaría lelo (foi traducido do
púnico ao grego no s. IV d. C.; o púnico está estreitamente emparentado co
fenicio, do que tomamos o alfabeto).
Delibes verte por onde
queira desa clase de contidos. Por ex.,
cando fala da matanza e dinos que descalzaban
o porco e comían as chitas (ósos do pé). Dediqueime a preguntar
e indagar e creo que se pode dicir que non, que aquí en Galicia non se comen
eses ósos. Miña nai, valdeorresa, díxome que o primeiro día de matanza comíase
o fígado e os riles (vísceras en xeral, como é o normal en todas partes do noso
territorio) e o seguinte día, o da desfeita,
cómese o solombo e parte das costelas, cousa boa. Si que lin, en troques, en
Neira Vilas -no libro Aquel neno- que
os rapaces lambiscaban nas uñas. Pero o que é o pé, a pata, bótase ao sal (así mo dixo Román, mozo
dezao).
Discrepamos así mesmo á
hora de escoller a materia vexetal para queimar e limpar a pel do animal
sacrificado: os paisanos do Nini usaban pallas centeas, mentres que nós ou ben
colliamos fentos (o común) ou xestas (en Valdeorras). Agora xa nada, todo con
soprete.
Tamén aprendín palabras
fermosas á hora de podar as cepas: o avó ensínalle ao rapaz, dille:
-Con el jerez o el tinto dejarías dos varas
pulgares, dos yemas y un sacavinos, ¿oyes?
Para saber o significado
do sacavinos hai que ir ao dicionario
especializado en Delibes [http://www.catedramdelibes.com/s.php]. Falando co meu
curmán valdeorrés, Manolo, díxome que por Valdeorras distinguen a vara do xeito, á hora de podar a cepa en
vaso. Novas palabras, sempre hai novidades se lemos con calma profunda.
Apreciamos ademais, cambiando
aínda de tema, como o Centenario presente a proximidade da morte que vén por
el, sente enriba do teito que o cobre, o voo dos voitres. Curiosa coincidencia,
falando como falamos este día da tradición celtibérica da extremadura prehistórica
soriana…
E cando experimentan a
ameaza da tronada, os habitantes delibianos botan foguetes ao ceo: mentres que
aquí (dá fe o relato de Casares, “A tronada”, en Vento ferido) queimamos loureiro, ou oliveira, dos ramallos
bendicidos no Domingo de Ramos.
Un concepto a ter en
conta, meus queridos, a etnografía. Outro día continuamos turrando deste fío.
[ADDENDA: O SANTORAL DE LAS RATAS:
Una vez -para Santa Escolástica haría dos años
Desde San Zacarías el hombre y
el niño bajaban al cauce cada mañana
Por San Sabas le mordió una rata
Si no llueve para Santa Leocadia habrá que
resembrar
Por San Dámaso, la señora Clo (…) mandó
razón al Nini
Por Nuestra Señora de las Viñas, la fiesta del
Pueblo (en xeral)
Para San Félix de Cantalicio haría cuatro años…
Para San Amancio estás de boda, Sabina
Por San Albino el cielo arrasó
Para San Higinio, (…) cobró un
hermoso ejemplar de zorro
Por San Aberico, antes de concluir enero, se
desencadenó la cellisca
Por San Lesmes (…) le brindó una oportunidad
Por San Severo se fue la cellisca y bajaron las
nieblas
Para San Andrés Corsino el tiempo despejó
Por San Sabino, cuando retornó a la cueva la
comisión
Para San Sergio concluyó el plazo
Al día siguiente, San Valero…
Por San Baldomero el Nini descubrió (…) el primer
bando de avefrías
Por Santa Oliva haría cuatro años
Le dijo por el Santo Ángel…
Para San Victoriano (…) los
copos empezaron a descolgarse
Por San Simplicio(…) sintieron
la engañosa llamada de la nieve
Por San Melitón salió el sol
Hacia San Segundo caían todos los años…
Por San Braulio…
Para San Ruperto y San Juan haría dos años…
Desde San Juan Clímaco, decía…
Si no llueve para San Quinciano…
Por las Marzas, que este año cayeron por San
Porfirio…
Por San Andrés Hivernón perdió un ojo la perra
Por San Juan de Ante Portam Latinam parió la perra
Por San Blas (…) apenas iba mediado el duro
invierno de la meseta (en xeral)
Y llegada la Conversión de San Agustín… (en xeral)
El tiempo continuaba áspero por Santa María Cleofé
Por San Lamberto, las nubes se disiparon
Por San Fidel de Sigmaringa…
Por San Celestino y San Anastasio…
Al día siguiente, la Resurrección de la Santa
Cruz…
A partir de San Gregorio Nacianceno
Cuando por San Bernardino de Sena
De Virgen a Virgen, fechas en que más arreciaba la
canícula (en xeral)
Tras la merienda de Santa Elena y San Casto… (en xeral)
Por San Vito se abre el cangrejo
Por Santa Elena y San Casto no hubo ratas para
nadie
Una tarde, la víspera de San Restituto
Por Santa Petronila y Santa Ángela de Merici
A la tarde siguiente, San Francisco Caracciolo,
falleció el Centenario
Al día siguiente, San Bonifacio y San Doroteo…
Por Nuestra Señora de la Luz brotaron las
centellas en el prado
Al día siguiente, San Erasmo y Santa Blandina
Dos días más tarde, el Triunfo de San Pablo
Al día siguiente, San Medardo
Aguardaban la lluvia por Nuestra Señora de Sancho
Abarca o por San Saturio (en
xeral)
Cundió un optimismo prematuro por San Basilio, el
Magno
Una semana atrás, por Santa Orosia
Por San Vito se abrió la veda del cangrejo
Pero por San Protasio y San Tribuno, la Sime
enfermó
Por Santa Editruda y Santa Agripina, la Simeona se
restableció
Un despiadado sol de fuego se elevó (…) por la
Preciosa Sangre de Nuestro Señor
Por San Miguel de los Santos, los cuetos
amanecieron …
Antes de San Auspicio no empiezo
Va a ser peor que la de San Zenón (fora no ano 53)
Por San Máximo lo cumple]
Ningún comentario:
Publicar un comentario