martes, 1 de abril de 2014

Biografía lectora: Teresa González Vázquez

Pídenme que faga unha biografía lectora para o Club de Lectura  e teño que facer memoria.
- O primeiro libro en galego que lin, non por obrigacion mais si por recomendación, puido ser O atraso económico de Galicia cando xa estaba no facultade de Económicas de Santiago e tiña de profesor ao autor do libro Xose Manuel Beiras.
- En castelán, xa de mais pequena, tiña lido moito. O que  lembro que lin de máis nova foron  Miguel Strogoff, el correo del Zar porque o libro que atopei pola casa non tiña pastas e faltábanlle as últimas follas, o que mantivo por mais tempo a intriga do final, que tiven que buscar noutro exemplar e tamén para saber que o autor era  Julio Verne.  Por outra banda, recordo El libro de la selva de Rudyard Kipling,  fantástico coma todos os deste autor.
- Daquela teño lido moitas novelas  importantes que deixaban sempre un pouso, como Las uvas de la ira Steinbeck , Rojo y negro de Stendhal , Hambre de Knut Hamsun, Los pazos de Ulloa de Emilia Pardo Bazán e outros  autores que foron premios Nóbel e que daquela líanse moito, como François Mauriac, William Faulkner, Pearl S. Buck, G.K. Chesterton …
- Durante unha época  tiven a Antropoloxía e a Psicoloxía coma coñecementos  pendentes  lía libros como Vacas, cerdos, guerras y brujas  de Marvin Harris e Antropologia cultural de Galicia de Carmelo  Lisón Tolosana. Coido que foron lecturas interesantes. Poida ser que en castelán me gustara retomar este tipo de libros.
En galego gustaríame ler un libro da Historia de Galicia ben contada.
- Non sei moi ben que libro lle podería gustar á xente nova.  A min daquela facíaseme doado e gustábanme ler  Cien años de soledad de Gabriel García Marquez, La ciudad y los perros de Mario Vargas LLosa ou máis recentemente La casa de los espíritus de Isabel  Allende.
- Os últimos libros que recordo ter lidos e que podería regalar a un amigo poderían ser  Un mundo sin fin de Ken Follett  e De parte de la princesa muerta de Kenizé Mourad.
- Un poema: Prendimiento de Antoñito el Camborio de Garcia Lorca.
Antonio Torres Heredia,
hijo y nieto de Camborios,
con una vara de mimbre
va a Sevilla a ver los toros.
Moreno de verde luna
anda despacio y garboso.
Sus empavonados bucles
le brillan entre los ojos.
A la mitad del camino
cortó limones redondos,
y los fue tirando al agua
hasta que la puso de oro.
Y a la mitad del camino,
bajo las ramas de un olmo,
guardia civil caminera
lo llevó codo con codo.

Antonio, ¿quién eres tú?
Si te llamaras Camborio,
hubieras hecho una fuente
de sangre con cinco chorros.
Ni tú eres hijo de nadie,
ni legítimo Camborio.
¡Se acabaron los gitanos
que iban por el monte solos!
Están los viejos cuchillos
tiritando bajo el polvo. 

 E, como non, Rosalía de Castro, Antonio Machado ou Ángel González. 


                                                                            Teresa González Vázquez, profesora
(sección coordinada por Xosé Pérez Mondelo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario