mércores, 18 de xuño de 2014

Os nosos poetas: Paula Cabaleiro

O sentir
A historia dos bicos
máis doces do mundo
só a pode contar a lúa.

Lonxana amiga
de poemas con imsomnio,
tan libre e alfúfara
como o sorriso dun neno.

Ti, que coñeces o máis feiticeiro
dos meus segredos.
O que me eriza a pel
e faime eterna.

Ti, ditosa, e ditosas tamén as estrelas,
luz para os perdidos,
por ser fuxitivas nos seus soños
cada noite.

Ante vós,
testigos de infindas locuras por amor,
entrégome ao frío da súa ausencia,
entrégome a outra longa noite sen amor.
Paula Cabaleiro Puentes, 4º da ESO
(sección coordinada por Xosé Pérez Mondelo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario