xoves, 18 de decembro de 2014

Canción do labrego



 


Con humildade e mansedume
o labrego vai abrindo a terra.
Suco a suco, paso a paso.

Vai ollando, como de costume,
pasar ás anduriñas lixeiras.
Suco a suco, paso a paso.

O sol queimao dende o ceo
Mentres a súa suor rega o chan.
Suco a suco, paso a paso.

Só se escoita o silencio
e o campesiño segue a labourar.
Suco a suco, paso a paso.

Ninguén recoñece o seu trafego duro,
ninguén recoñece a súa valía,
mais o corazón máis puro
é o de quen máis escravizan.
E suco a suco, paso a paso
o labrego vai facendo o seu traballo.
Jorge Carril       
(sección coordinada por X. Pérez Mondelo)

1 comentario:

  1. Noraboa polo traballo! Cada vez gústanme máis os poemas deste rapaz, este en concreto encantoume; grazas a el lembreime dos meus avós sachando na leira de Palas cando eu era máis cativo.
    Con cada verso e cada palabra desta obra emociónome ao ver reflictida nel a nosa terra, recoñecida polos seus labores agrarios e máis polos seus campesiños traballadores e humildes dispostos sempre a regalar ata a última gota de suor para poder alimentar ás súas familias.
    Segue así Jorge! Estou desexando volverte ler.

    ResponderEliminar