CANTIGAS D’AMIGO
Vou
lavar os cabelos a fonte,
na
fontana fría preto do bosque,
virá cedo o cervo?
Os
cabelos vou lavar a fonte,
na fría
fontana preto do bosque,
virá cedo o cervo?
Na
fontana fría preto do bosque,
apareceu
o cerbo dend’o monte,
virá cedo o cervo?
Na fría
fontana preto do bosque,
o cervo
apareceu dend’o monte,
virá cedo o cervo?
(Adrián Quiroga Rodríguez e Cheyenne Amoroso San Miguel, 1º de bacharelato)
(Fotos tomadas da Internet)
Ondas do
mar de Riazor,
Se
vistes o meu cazador.
E por el vivo desolada.
Ondas da
praia do Miño,
Se vistes
o meu amigo.
E por el vivo desolada.
Se
vistes o meu cazador,
Chámao pra
que dea amor.
E por el vivo desolada.
Se
vistes o meu amigo,
Chámao
pra que veña comigo.
E por el vivo desolada.
(Andrea Trillo e Eva Gómez, 1º bacharelato)
O meu
amigo foise ó mar,
Eu botei
bágoas, comecei a chorar,
E móirome
de amor.
O meu
amigo marchou ó mar,
Eu botei
bágoas, comecei a laiar,
E
móirome de amor.
Eu botei
bágoas, comecei a chorar,
Dime, miña
nai, cando vai regresar,
E
móirome de amor.
Eu botei
bágoas, comecei a laiar,
Fai,
miña nai, qu’ o amigo volva do mar.
E
móirome de amor.
(David Salido e Enara Varela, 1º de bacharelato)
U é o
meu namorado?
Xa que
por el vivo coitada
por isto lazero eu, ai meu Deus!
U é o
meu amado?
Dinme
vai para o fossado
por isto lazero eu, ai meu Deus!
Xa que
por el vivo coitada
Des qu’
a primeira vez o vin
por isto lazero eu, ai meu Deus!
Dinme
vai para o fossado
Máis
fremosa son des que o vin
por isto lazero eu, ai meu Deus!
(Alejandro Brao González e Raquel Iglesias Vázquez, 1º de bacharelato)
(Colaboración da profesora Beni Vidal Tomé. Sección coordinada por Xosé Pérez Mondelo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario