mércores, 18 de xaneiro de 2017

A CORUÑA



Río Monelos: Afluentes  e Historia.

Traballo feito por:

 José Ramón Gil Varela-Portas

 David Twine Padín

 Diego Moral Fernández

                (Alumnos de 4º ESO B. Curso 2016-17. IES P. ‘Eusebio da Guarda’. A Coruña).



Río Monelos: Travesía e características.


       O Río Monelos tamén coñecido como Rego de Campos, Río Mesoiro ou Rego de Beneirón é un río galego que nace e desemboca no Concello de A Coruña. Atópase soterrado durante a maior parte do seu percorrido, canalizado baixo o chan das rúas da cidade.

       Nace na parroquia de San Vicenzo de Elviña, preto do límite municipal entre A Coruña e Arteixo (onde agora está o Cemiterio de Feáns). Desde alí baixa ata Feáns onde recibe o nome de Rego de Benirón. Logo continúa ata Mesoiro, chamándose rego de Campos. A partir de Mesoiro é coñecido como río Mesoiro e continúa o seu traxecto paralelo ó polígono de Pocomaco, sufrindo dúas pequenas canalizacións parciais durante este treito. A partir da entrada do polígono xa se atopa totalmente canalizado baixo terra ata o peirao de San Diego, no porto de A Coruña, onde desemboca. Durante o curso soterrado, o río pasa baixo os barrios do Martinete, Someso, O Birloque, Polígono de Elviña, Monelos, A Cubela e A Gaitera. No último treito recibe o nome de río de Monelos.


       Río Monelos: Afluentes  e Historia.


       Pola marxe esquerda afúen nel o  Río de Pastoriza, Rego de Moitos e Rego dos Carneiros. Pola marxe dereita,  o Río Lagar. Ademais, tamén conflúen pola marxe dereita outros tres cursos fluviais máis curtos,  practicamente tódolos ríos listados posúen algún treito canalizado.

       O río atravesaba os terreos do antigo Concello de Oza  (anexionado polo Concello de A Coruña en 1912) de actividade principalmente agrícola, servindo no seu último treito como limite entre este Concello e o da Coruña. Desde mediados do século XX, coa expansión urbanística da cidade, o río foi canalizado e soterrado progresivamente ata desaparecer completamente do contorno urbanizado, manténdose sen canalizar tan só nas zonas de Feáns e Mesoiro.

       Antes da canalización do río, as anguías criadas nas súas augas eran de gran calidade.



A NOSA INVESTIGACIÓN



Coa  información que encontramos fomos cara o límite dos Concellos de Arteixo e A Coruña e percorrimos unha zona boscosa que entra ao Concello da Coruña desde Arteixo, xusto a uns 300 metros do Cemiterio de Feáns.

Como non conseguimos atopar o nacemento do río  falamos con varias persoas que coñecen ese entorno en puxéronnos en contacto con Daniel Fernández, veciño de Feáns de toda a vida, que nos dixo que o nacemento do río está máis abaixo de onde nos buscabamos. Fomos con el cara o cemiterio pero a gran cantidade de maleza impediunos chegar a zona do nacemento do río.   Despois fomos con el ata o medio de Feáns onde o río leva aínda o seu cauce natural cara á terceira ronda

FOTOS DO INICIO DO RÍO (FEÁNS)





Entorno protexido

O entorno do río ao seu paso por Feáns conserva a súa imaxe xa que está protexido por Patrimonio. Antigamente os feanenses vivían do campo e as feanensas na súa  gran maioría dedicábanse a lavar a roupa, coñecidas como "Lavandeiras" á xente de A Coruña. O lavadero rústico de notable calidade  serve para reflictir o que foi para este barrio a profesión de lavandeira.





Máis historia da nosa investigación

Falamos con máis persoas que nos contaron que a finais dos anos oitenta o río baixaba no seu cauce natural ata o barrio de Monelos pasando preto do Birloque e de Elviña. Co boom inmobiliario comezaron a contruír os primeiros edificios en Ponte da Pedra (Edificio de Maphre preto do Carrefour de Alfonso Molina) e en esa época principios dos anos 90 o río estaba soterrado. Carmen Romasanta Conde (veciña da zona) contounos que  cando se comezou a urbanizar toda esa zona, creándose os barrios de Martinete, Matogrande e Novo Mesoiro, comezaron as inundacións ao final do inverno e na primaveira e o Concello da Coruña emprendeu no ano 2000 a obra de canalizar todo o río e os seus afluentes para evitar as inundacións.

Cambio Urbanístico:



:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

(NOTA: o río de Monelos xoga un papel na defensa histórica da cidade, é un obstáculo natural que había que salvar, en tempos pretéritos, para conquistar a cidade alta; dalgunha maneira está presente ou adiviñamos a súa presenza no episodio do ataque de Drake á praza e mais no asedio e conquista dos franceses ao mando de Soult en 1809. Mirade estes textos:


El punto más importante era el collado donde se asentaba la aldea de Elviña entre los montes Mero y Peñasquedo y los arroyos Monelo y Palavea. Era obligado establecer allí la posición fundamental y orientar las reservas hacia la hipótesis más probable y más peligrosa del esfuerzo atacante en Elviña.
  (...)
En segunda línea situó a la División de reserva de E. Paget, y en la tercera estaba como reserva la División Fraser, ambas muy bien orientadas frente a la brecha del arroyo de Monelos, que era claramente el punto débil del despliegue.
  (...)


Lord Paget, siempre protegido por la Div Frazer en reserva, atacó con decisión con el 95º de Rifles apoyado por el 52º y el 28º seguidos del 20º y el 91º por la orilla derecha del río Monelos, rechazando a los franceses y arrebatándole una pieza.

Por D. José Navas Ramírez- Cruzado. Coronel de Artillería, Diplomado del Estado Mayor. (Texto atirado da Internet).



"Por esto se ordenó a la gente deste lugar viniese por el camino de Bergantiños, y al capitán Álvaro Trancoso y al sargento mayor Luis de León, que saliesen con doscientos y cincuenta arcabuceros y mosqueteros a lo alto de Santa Lucía sobre la punta del Gaitero, para donde se encaminaba el enemigo"  (Temos aquí unha referencia á Gaiteira coruñesa actual? Seguramente, é a barriada por onde pasaba xa preto á desembocadura, o Río Monelos) (de:
(1619
AUTOR:  Cabrera de Córdoba, Luis
TÍTULO:  Historia de Felipe II, rey de España) (Atirado do CORDE).


(Vemos co número 50 o denominado no mapa de Felipe Gianzo de 1819, PUENTE GAITERA. Se vos fixades, vén estando moi preto de Catro Camiños -co nº 49 aparece representada a Fábrica de Tabacos-; eu xuraría que a ponte se corresponde coa que inda hoxe se conserva, á altura da encrucillada entre a Avenida de Oza e a rúa cementada actualmente e bautizada RÍO MONELOS, aí exactamente podemos ver a estrutura vella da ponte, con parte dos bloques de pedra granito antigos).

E xa á derradeira por hoxe, quixera chamar a vosa atención sobre a imposibilidade de chegaren os nosos alumnos ao nacemento do río, e xa que logo, quixera chamar a vosa atención sobre a conveniencia de limpar os nosos vellos e antergos camiños rurais: tamén o rural é merecente do noso esforzo á hora de redistribuír e repartir os cartos públicos. Tamén o rural é patrimonio noso. De sempre e non podo dicir para sempre, pero si polo menos para os netos e os bisnetos. Amén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario